Sentímolo, parece que tes as cookies desactivadas para o noso sitio. O modo multixogador non funciona sen as cookies activadas 🙁.
Problema de conexión
A túa conexión co servidor do xogo está a ter algún problema, pero estamos tentando volver conectar contigo. 🤓 Renunciamos en
.
Partida desconectada
Sentímolo, non puidemos volver conectarche coa túa partida. 🙁
Desconectado
Sentímolo, levabas demasiado tempo desconectado da partida, así que tivemos que expulsarte para que as demais persoas puidesen seguir xogando. 🙁
Non se atopou a mesa da partida
Sentímolo, non puidemos atopar a mesa da túa partida nos nosos servidores! 🙁
Bloquear, silenciar, marcar como favorito
Se silencias unha persoa xogadora, non verás ningunha mensaxe que envíe durante unha partida. Se bloqueas unha persoa xogadora, xa non poderá desafiarte a unha partida nin unirse a unha mesa na que esteas. Se marcas unha persoa xogadora como favorita, apareceralle un pequeno corazón para lembrarche o xenial que é!
Queres unirte á mesa cunha persoa bloqueada?
Desafío enviado
Desafiaches a a unha partida. Agardando pola súa resposta...
Desafiáronte
desafioute a unha partida!
Desafío rexeitado
Desafío aceptado
aceptou o teu desafío! Agarda un momento, estamos preparando a túa partida...
Desafío aceptado
Aceptaches o desafío de ! Agarda un momento, estamos preparando a túa partida...
Desafío cancelado
Sentímolo, cancelou a invitación.
Desconectácheste
Agora estás desconectado. As demais persoas xogadoras non te verán en liña nin poderán desafiarte. Sempre podes volver poñerte en liña premendo no botón Multixogador.
A aplicación está desactualizada
Ola. Parece que estás a usar unha versión antiga da nosa aplicación. Actualízaa á última versión para continuar xogando ás nosas partidas multixogador 😎.
FARKLE é un xogo de arriscar no que o obxectivo é ser o primeiro xogador en acumular 10.000 puntos. A quenda vai pasando dun xogador ao outro mentres intentan conseguir combinacións que dean puntos e valoran se paga a pena arriscarse a sacar un farkle e perder todos os puntos non gardados pola tentación de obter uns poucos puntos máis. Como ocorre con moitos xogos, o Farkle xógase en numerosas rexións con ducias de variantes. A versión que presentamos aquí é das máis sinxelas e só inclúe as combinacións estándar comúns á maioría das variantes que atopamos.
Mecánica do xogo
Lanzar, puntuar e gardar
O xogo xógase con seis dados. Un xogador comeza a súa quenda lanzando os seis dados. Unha vez lanzados, pode apartar os dados que formen combinacións puntuables (consulta as combinacións máis abaixo). Debe apartar polo menos un dado puntuable en cada lanzamento, pero, fóra diso, pode decidir libremente que dados apartar ou volver lanzar.
Agora os xogadores poden volver lanzar os dados restantes que aínda non apartaron, coa esperanza de conseguir máis combinacións, arriscándose a sacar un farkle (consulta máis abaixo) e non puntuar nada. Quen decida non asumir ese risco pode gardar os puntos. Cando un xogador garda, os puntos obtidos durante a rolda súmanse ao total e quedan a salvo durante o resto da partida. A súa quenda remata e pasa todos os dados ao opoñente, que comeza a súa quenda.
Todos os dados dunha combinación deben proceder do mesmo lanzamento
As combinacións non se conservan entre lanzamentos. Se sacas dous uns nun lanzamento e os apartas, sacar un un no seguinte non significa que teñas tres uns: significa que tes unha combinación de dous uns que vale 200 puntos e outra combinación dun un que vale 100, para un total de 300. Toda combinación formada debe conter dados obtidos nun único lanzamento.
Sacar un farkle
Se non hai combinacións sobre a mesa despois de que un xogador lance os dados, sacou un «farkle». Cando un xogador saca un farkle, a súa quenda remata, o xogo pasa ao opoñente e pérdense os puntos obtidos durante a rolda que aínda non se gardaran. Con cada lanzamento aumentan as probabilidades de sacar un farkle, e o xogador arrisca cada vez máis puntos. A clave do xogo está en saber cando arriscarse a sacar un farkle e volver lanzar, e cando deixar de arriscarse e gardar os puntos.
Dados quentes
Se un xogador pode formar combinacións con todos os dados que lanzou, conseguiu «dados quentes». Nese caso, pode, se quere, coller os seis dados e lanzalos de novo, reiniciando de feito a súa quenda. Os puntos obtidos antes de conseguir os dados quentes consérvanse como parte do total acumulado da rolda e quedan en risco xunto coas novas combinacións obtidas cos dados quentes. Así, un xogador pode continuar indefinidamente mentres nunca saque un farkle.
Fin da partida
A partida remata cando calquera dos xogadores termina a súa quenda con máis de 10.000 puntos gardados. O xogo non remata automaticamente a túa quenda cando teoricamente alcanzas o límite, porque descubrimos que é máis divertido gardar manualmente os puntos para gañar e, nalgúns casos, ver ata onde podemos levar a nosa xa considerable vantaxe. Porén, cando vexas que gardar os puntos che dará a vitoria, recomendámosche facelo, a non ser que só queiras presumir ante Tom.
Combinacións
Estas son as combinacións que recoñece o xogo.
Uns: Calquera dado que mostre un un. Vale 100 puntos cada un.
Cincos: Calquera dado que mostre un cinco. Vale 50 puntos cada un.
Triplo un: Un grupo de tres dados que mostren un un. Vale 1000 puntos
Triplo dous: Un grupo de tres dados que mostren un dous. Vale 200 puntos
Triplo tres: Un grupo de tres dados que mostren un tres. Vale 300 puntos
Triplo catro: Un grupo de tres dados que mostren un catro. Vale 400 puntos
Triplo cinco: Un grupo de tres dados que mostren un cinco. Vale 500 puntos
Triplo seis: Un grupo de tres dados que mostren un seis. Vale 600 puntos
Catro iguais: Calquera grupo de catro dados co mesmo valor. Vale 1000 puntos
Cinco iguais: Calquera grupo de cinco dados co mesmo valor. Vale 2000 puntos
Seis iguais: Calquera grupo de seis dados co mesmo valor. Vale 3000 puntos
Tres parellas: Calquera combinación de tres parellas de dados. Inclúe ter catro iguais máis unha parella. Vale 1500 puntos
Escada: Seis dados consecutivos (1,2,3,4,5,6). Vale 2500 puntos
Calquera comentario, queixa, informe de erro, pregunta ou calquera outra cousa debe enviarse a support@simplegames.io.
Non podemos responder a todo o mundo, pero tentamos responder a tantas persoas como podemos. Se só tes unha pregunta rápida, asegúrate de que non estea
respondida nas nosas preguntas frecuentes.
Parece que, por algún motivo, non se cargou o script principal que executa os nosos xogos.
Isto sucede a pesar de que parece que os outros scripts se cargaron correctamente.
Este problema comunicouse automaticamente e estamos investigándoo, pero agradeceriámosche moito que enviáses un informe a support@simplegames.io incluíndo calquera detalle adicional que se che ocorra, como se estás a usar extensións que bloquean scripts, bloqueadores de anuncios ou se o teu navegador está configurado para bloquear determinados tipos de scripts.